viernes, 8 de junio de 2012

O club infantil de lectura le a Jacobo Fernández Serrano

Jacobo Fernández Serrano na Biblioteca de Chapela, en Xuño de 2011

Moitos de nós xa coñeciamos a Jacobo Fernández Serrano, pois visitou a biblioteca o ano pasado para facer un obradoiro de cómic cos rapaces de Chapela, así que foi un pracer ler unha obra tan divertida, orixinal, diferente, e desenfadada deste escritor e ilustrador vigués.

[Velaquí tedes un enlace ao BLOG do autor]


Mil cousas poden pasar, Libro I é o primeiro volume dunha obra con dúas partes (moi pronto teremos a segunda parte na biblioteca), que foi merecedora do Premio Merlín, o máis prestixioso que se concede actualmente á literatura infantil en lingua galega, no ano 2009. Ofrece unha mezcla entre aventuras, personaxes e situacións disparatadas, surrealismo e moito humor.

Percorremos cada un dos personaxes, facendo un esquema con cada un dos debuxos que nos ofrece o libro.

Sinalamos as escenas que máis nos gustaron, os personaxes que nos parecían máis graciosos e se nos parecía que a obra tiña ou non moita acción.







Tamén buscamos alternativas posibles a coroas para lle agasallar ao Rei dos mares. Cales lle regalariades vós?


No hay comentarios: