Nunca che gustou xogar a facer de detective coa túa panda de amigos? Pois o libro que lemos nesta sesión vai de xóvenes detectives, e de pandas de amigos ás que non se lles pasa nada por alto, e que están moi dispostas a perseguir os malfeitores e a desenguedellar todos os misterios...
E, ademáis, é un libro que trae moitas pistas, e ás que temos que estar moi atentos, para que non se nos perda nada de información, e así aprendamos a ser uns bos e astutos investigadores.
O libro desta sesión |
Os debuxos, acompañando ao textos, ofrécennos as pistas que os lectores poderemos seguir para averiguar que é o que está a suceder, e que os nosos amigos de "La mano negra" están a descobrir.
Despedida de "fin de curso":
Esta sesión serve de despedida ata o ano que vén. Pero non nos imos ir sen antes facer unha merendola estupenda ao ar libre, aproveitando a maravillosa tarde de sol que tivemos hoxe.
Ademáis, non é a última das nosas xuntanzas, porque temos prevista unha excursión para a próxima semana... coa que sí que pasaremos unha tarde ben divertida.
Merendando e pasando unha boa tarde no parque do Piñeiral do Crego.
Vémonos no próximo martes!
No hay comentarios:
Publicar un comentario