Este
ano, o mércores 24 de outubro, para celebrar o Día Internacional da Biblioteca, nas nosas
bibliotecas, tanto en Redondela como en Chapela, regalarase, a todos os
usuarios que leven en préstamo algún documento, unha camiseta da Campaña
de animación á lectura María Moliner.
María Moliner é un nome esencial na historia da lexicografía española. Autora
do Dicionario de Uso do Español, foi ademais unha bibliotecaria
comprometida coa súa profesión.
Baixo o seu nome desenvólvese todos os anos, desde 1998, un concurso
dirixido ás localidades de menos de 50.000 habitantes para premiar os
mellores proxectos, ou actividades desenvolvidas, para promover a
lectura de nenos e novos e que recibe o nome de "Campaña de animación á Lectura María Moliner"
* Ata esgotar existencias
No hay comentarios:
Publicar un comentario