Libros para o Samaín na biblioteca |
Non hai como o Samaín para achegarse ás historias de terror que tanto nos atraen e tanto nos atrapan. Co tempo frío de outono, coa escuridade da noite, que se nos achega demasiado cedo... se queremos pasar verdadeiramente medo cunha historia, é mellor lela nestes días...
E é así como o Club xuvenil de lectura de Chapela, a proposta da biblioteca, se animou á lectura dalgunhas historias moi terroríficas, recollidas pola coñecida escritora arxentina Ana María Shua. Trátase do libro "La fábrica del Terror", recopilación dunha serie de 8 contos terroríficos, baseados cada un deles en temas de moi distintas épocas, lugares e pobos. Entre eles atoparemos adaptacións, pero tamén creacións da propia autora. Iso sabémolo porque, ao rematar cada unha das historias, ela nos vai contando un pouco sobre a xénese das mesmas, a tradición na que se basean e os elementos que considera máis interesantes. Así vemos que en cada unha das narracións hai un tema central que non pertence a ningún autor, senón que é un tema popular, unha historia que pasou na fala da xente e de xeración en xeración sen que ninguén saiba quen a inventou. Ademáid nos conta cales son os trucos narrativos que fan que as historias nos provoquen tanto medo.
... Como para asustar a algún lector do club de Chapela!!
Ainda que pensamos que hai algo que sí lles pode facer tremer... e se non, teriades que vernos xogando ao...
Velaquí algunhas fotos da nosa sesión
Falando sobre as historias que compoñen o libro |
Todos a carón da nosa momia |
E atendendo ás moitas propostas de lecturas terroríficas... |
No hay comentarios:
Publicar un comentario