jueves, 15 de noviembre de 2012

Obradoiros de papiroflexia con Gusorigami, na Biblioteca de Chapela

Estes días, a raíz da exposición que temos aberta, na Biblioteca de Chapela estamos a aprender un arte novo: a papiroflexia, e estamos a gozar dos seus segredos.

A papiroflexia, tamén chamada origami, é unha arte que ten que ver coa minuciosidade, a concentración e a paciencia, polo que, ademáis de ser moi creativa, pode ser unha interesante aliada para a relaxación e para eliminar tensións. 

Así nolo referiron moitos dos participantes, que afirmaban sentirse moi relaxados facendo a actividade, e que o tempo se lles foi "voando".



 O artista Gusorigami está a realizar unha serie de obradoiros de iniciación a esta arte tan particular, e de certo que está a ter moito éxito, pois a pesar de que duplicamos a nosa oferta de obradoiros, as prazas están xa cubertas, e xa hai quendas de reserva!
 
Fixemos dúas pezas. A primeira, modular, era sinxela, ainda que requería unha boa labor de paciencia, ao traballar coa repetición de pezas moi pequenas.
A segunda, a figura dun animaliño, era unha peza máis creativa, e requería maior pericia por parte dos nosos aprendices.

Nenos, mozos, pais/nais cos seus fillos, adultos... o origami ven a ser unha actividade atractiva e apta para todas as idades.
A semana que vén toca repetir con outros dous grupos.

Pero podedes seguir a gozar da exposición durante os vindeiros días, ata o venres 23 de Novembro, aos que non a virades, resultaravos sorprendente e moi curiosa (Ver aquí algunhas imaxes).

Graciñas pola resposta á nosa actividade. Agardamos seguir ofrecendo actividades que vos gusten.

Aquí  a nova no Atlántico Diario.

Os resultados dos obradoiros, dende logo, son fantásticos, non sí?
 
  



No hay comentarios: