Esta semana déronse a coñecer os gañadores dos Premios Lazarillo de creación literaria e álbum ilustrado que outorga a OEPLI (sección española do IBBY).
Este premio alédanos especiamente, porque a obra gañadora na categoría de álbum ilustrado foi Leviatán, do noso amigo Ramón Trigo (Vigo, 1965). Autor e ilustrador autodidacta, Ramón Trigo comezou a
publicar nos anos 80, e recibiu diversos premios de ilustración, pintura
e carteis.
Do álbum gañador, o xurado comentou que "narra, cunha
proposta pictórica moi persoal e unha magnífica combinación de texto e
imaxes contundentes, a procura por parte do home dun animal mitolóxico,
un símbolo ou unha pantasma".
Na categoría de creación literaria, o texto gañador foi Prohibido leer a Lewis Carroll, de Diego Arboleda (Estocolmo, 1976), colaborador de Babar, e autor de varios libros de literatura infantil.
Do texto gañador, o xurado comentou que "narra a historia dunha institutriz francesa que viaxa a Nova Iork para coidar a Alice, unha nena cunha desatada paixón polo mundo creado por Lewis Carroll, onde ocorrerán situacións disparatadas con personaxes extravagantes".
A entrega do premio terá lugar o día 15 de decembro ás 12h no marco do XXXVI Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Madrid.
Fonte: CLIJ Fundacióngsr
No hay comentarios:
Publicar un comentario