O Club de Lectura de Chapela deséxavos a todos un feliz ano 2013 |
O autor: Herman Koch |
O libro: La Cena |
A súa primeira novela, "La cena", acadou dende a súa publicación un grande éxito, sendo merecedora do Premio do Público e do galardón de Libro do Ano 2009 en Holanda.
Achegamos esta novela ao club para plantexarnos as preguntas que, irremediablemente, nos facemos todos cando lemos un texto tan sobrecolledor e inquedante como este:
¿Ata onde pode un pai ou unha nai para defender e protexer ao seu fillo? ¿seriamos capaces de encubrir ás persoas que queremos se sabemos da súa implicación nun crime?
A novela comeza cun sentido do humor mordaz e brillante, moi prometedor, que nos fai pensar en que a crítica ás clases acomodadas holandesas vai ser o tema que conduza a súa trama. Mais o libro é unha continua sucesión de achádegos e sorpresas, de xeito que nada é exactamente como parecía ser nun principio, e detrás de cada acción ou cada xesto dos personaxes latexa un trasfondo máis complexo que iremos pouco a pouco descubrindo.
A violencia, a familia, a educación, a moralidade, ou certas concepcións sociais excluíntes e inmorais son o trasfondo dunha novela que nos sobrecolleu a todos pola súa crueza.
O libro tivo moi boa acollida entre todos os participantes do club, xa que a súa lectura nos atrapou a todos, sen deixar tregua. A pesar delo criticamos certas fallas na trama, xa que ás veces peca de inconsistente e pouco real, e de sacrificar a súa coherencia para pretender provocar maior impacto (como exemplo, sinalaremos a frivolidade con que se trata a enfermidade mental).
O máis positivo da xuntanza foi o debate que suscitou emtre os participantes na sesión, xa que nos deu para falar do papel dos pais na educación dos fillos e a educación que lles damos aos fillos no noso tempo.
Pero non podiamos rematar unha sesión do club previa ao Nadal (sobre todo se estamos a comentar un libro chamado "La Cena"), sen facer un brinde e compartir xuntos riquísimos doces e viandas para festexar a chegada do novo ano.
Así que, despóis de celebralo aquí, volo achegamos a todos neste blog:
DENDE O CLUB DE LECTURA DA BIBLIOTECA DE CHAPELA DESEXÁMOSVOS A TODOS UNHA BOA ENTRADA NO ANO 2013.
No hay comentarios:
Publicar un comentario