As Bibliotecas de Redondela pedímoslles, este ano, ás Súas Maxestades os Reis , na nosa carta navideña, que nos deixasen acompañalos na súa Cabalgata polas rúas de Redondela e que, como nos gustan moito as sorpresas, deixabamos ao seu bo criterio como facelo.
Canta foi a nosa alegría cando vimos a un gran libro, no que ía representado a Coca lectora botando bocanadas polo seu nariz, non de fume senón de contos (dixémoslles na carta que este ano celebraramos ao grande o bicentenario dos contos de Grimm), abrir paso ás Carrozas de Melchor, Gaspar e Baltasar.
Tamén soubemos que os seus paxes repartiron marcapáxinas das nosas bibliotecas aos nenos que se achegaron a saudalos.
Moitas grazas ás Súas Maxestades, non poderiamos pedir nada máis bonito.
Ata o próximo ano e Boa viaxe de volta!
No hay comentarios:
Publicar un comentario