Desta semana, o Club xuvenil de lectura de Chapela centrouse en comentar o fermoso libro "El polizón del Ulises" da escritora española Ana María Matute.
Diremos, en primeiro lugar, que este é un título que nos gusta moito nas nosas bibliotecas, e que recomendamos sempre. Pola súa parte, aos nosos amigos do club tamén lles gustou, aínda que a algúns pareceulles unha historia un pouco triste, e tamén que unha parte dos membros do club non leron o libro desta vez.
De que falamos nesta sesión?
- En primeiro lugar, da propia escritora, xa que é unha das referentes da literatura española actual e, ademáis, unha das máis premiadas e recoñecidas.
Comentamos cousas da súa vida e falamos dos moitos premios que ten recibido ao longo da súa carreira: o Premio Lazarillo, o Premio Nadal, o Premio Nacional das Letras Españolas, o Premio Cervantes, etc.
En concreto este libro, por exemplo, acadou o prestixioso Premio Lazarillo de Literatura Infantil, no ano da súa publicación: nada menos que en 1965.
- Tamén falamos sobre a historia. Está claro que a todos nos gustou a idea de poder ter un veleiro "Ulises" no noso faiado, pero tamén analizamos máis a fondo o libro, para definir que outras cousas nos chamaron máis a atención.
- Propuxemos outros títulos para o libro, así como finais alternativos. Plantexamos tamén os dilemas nos que se ven somerxidos os personaxes:
-- Jujú: quedar coas súas tías, ás que quere, ou marchar para cumplir o seu soño?
-- Polizón: fuxir, cando o ten facil ou rescatar a Jujú?
- Por último, cada un dos participantes construiu o seu propio barco de papel.
Sabedes que este libro foi levado ao cinema? A súa versión cinematográfica se fixo dúas décadas despois da novela, en 1987. Velaquí tedes máis información.
No hay comentarios:
Publicar un comentario