jueves, 28 de marzo de 2013

Endrina, o Camiño de Santiago e o Club de lectura xuvenil

Nesta sesión de Marzo o Club de Lectura Xuvenil achegouse ao mundo das peregrinacións compostelanas e ás tradicións e lendas que están máis achegadas ao Camiño.

"Endrina y el secreto del peregrino" é unha novela xuvenil da recoñecidísima autora sevillana (Lista de honra no IBBY, Premio Lazarillo, finalista no Hans Christian Andersen)  Concha López Narváez, que se adianta á recuperación das peregrinacións compostelanas, cada vez de máis actualidade, para ofrecernos unha historia de ambientación medieval na que a intriga, as aventuras, a solidariedade e mais o espertar xuvenil ao amor están moi presentes.

Ainda que de lectura un pouco densa para algúns dos nosos lectores, o libro desta sesión recibiu boa aprobación xeral por parte do club. Os nosos participantes valoraron a afouteza de Endrina e a súa capacidade para observar, aprender e superarse; como tamén lles gustou a dos seus compañeiros de aventura no camiño, pois todos eles amosan ter en moita estima o valor da solidariedade e o que lle chamamos "Espíritu do Camiño".

Leo, experta camiñante de varias das rutas do Camiño de Santiago falounos de ese espíritu, así como de moitas das súas experiencias, e animounos a todos a botarnos a andar en tan maravillosa e aventureira experiencia.
 
Ademáis, na biblioteca fixemos propostas de lectura en torno ás peregrinacións.

 
E para rematar, celebramos xuntos a festividade de San José endozándonos cuns ricos bombóns.
Ata a próxima!

No hay comentarios: