Así foi o encontro arredor do magnífico documental 100% CEF, do que gozamos todos os asistentes no día de onte, na Casa da Cultura.
Aser Álvarez, o director, non puido estar connosco por motivos persoais, pero enviounos unhas retranqueiras e agarimosas palabras no seu nome que lemos no acto, e que compartimos con todos vós nesta entrada.
Grazas ao público que nos acompañou e grazas a Luis Ferreiro, fillo de Celso Emilio, e a súa dona (foi a máis grata das sorpresas e unha gran alegría contar coa vosa compañía).
Unha delicia!
Ah!, e un especial agradecemento a José Manuel, sempre pendente do perfecto funcionamento técnico da actividade. Moitísimas grazas!
Pódese ler a presentación do director, Aser Álvarez, premendo aquí
No hay comentarios:
Publicar un comentario