domingo, 28 de abril de 2013

Celebramos o día do libro facéndonos amigos de Calpurnia Tate


No 23 de Abril, Día Internacional do Libro, tivemos a nosa xuntanza do Club de Lectura Xuvenil.
A lectura deste mes veu en ser unha das que máis entusiasmo contaxiou aos nosos xóvenes lectores, sendo a inesquecible Calpurnia Tate, e a súa ávida curiosidade científica, a que encheu os nosos corazóns durante estes días.


A pesares da dificultade do libro (un libro complexo, de lectura xa adulta) os membros do club o recibiron con bastante entusiasmo, e lle deron unha boa calificación dentro das súas lecturas preferidas.

 Calpurnia Virginia Tate, ou Callie Vee, como a chaman, é unha nena que vive nun pobo de Texas. A pesar de que a súa nai insiste en que aprenda a tocar o piano, coser e cociñar, ela está máis interesada no que ocorre tras a porta pechada da biblioteca, ou no laboratorio do seu avó. Aos poucos irá gañándose a este señor un tanto huraño e empezará a colaborar con el nas súas observacións do medio natural, aprenderá quen é Darwin, que son as especies e as subespecies e tamén o idiotas que se volven os irmáns maiores cando se namoran.

"La evolución de Calpurnia Tate" é unha das novelas máis exitosas da escritora neozelandesa Jacqueline Kelly, e da que recomendamos dende aquí ao club de lectura de adultos que tamén se acheguen a esta historia, pois o seu contido é moi atractivo, e abre moitos temas para o debate.
 
Calpurnia e malias súas aventuras nos deron moito de que falar, por exemplo, acerca dos avances científicos de finais do século XIX, a vida cotiá nos ambientes sureños de Estados Unidos, a Guerra de Secesión norteamericana ou os costumes nas que eran educadas as rapazas nesa sociedade.
Tamén nos deu para debater sobre os roles sociais, sobre a severidade da educación que se impartía nese omento ou, acerca de aspectos máis espiñentos como a escravitude e mais o racismo.
Rematamos a sesión facendo dous expermientos científicos, conducidos por a nosa valente Leo. Con eles nos que puxemos a voar un pequeno e improvisado zeppelin, e taméns fixemos qeu o aire dun globo o mantivese inflado dentro dunha botella.
 
Ata a próxima!


No hay comentarios: