viernes, 12 de abril de 2013

Entrañable celebración de aniversario na Biblioteca de Chapela

Neste venres 12 de Abril a Biblioteca de Chapela vestiuse de gala para celebrar o seu 8º aniversario.

Para tan importante celebración, recibimos a a Leo Leíño, que nos contou moitos contos.

Entre eles..
 













- Un conto tradicional africano: Por que hai pedras nos fondos dos ríos? contado cun Kamishibai, 
- O fermosísimo conto "Un pasito, otro pasito" do italiano Tommi de Paola
- Ou "O home que comprou a cidade de Estocolmo" do inigualable Gianni Rodari.
...

E moitos, moitos máis!


Un público entregado aos contos de Leo Leíño


Entremedio dos contos, Leo divertiunos a todos cos seus trucos e xogos de maxia, moi ben recibidos polos máis cativos.

 


 Pero tamén dirixiu parte do espectáculo a eses pais, nais, avós, avoas, tíos, tías... que acompañan aos rapaces nestas sesións de contos tan máxicas.

Festexamos o final do conto con moitísimos caramelos, para agasallar a grandes e adultos que estiveron hoxe connosco gozando desta festa.
Queremos doces!
Lanzamento de caramelos para todos
E todos quixeron fotografarse con Leo
 A todos e todas: Graciñas, graciñas por vir!

Sobre esta actividade podedes ver a nova en Atlántico Diario e mais en Faro de Vigo.

No hay comentarios: