Boas novas para os máis cativos!
A Biblioteca de Chapela traerá nestas vindeiras semanas todo un programa de actividades, diversión e aprendizaxe para os máis pequenos.
Fruto dunha nova colaboración co Ciclo Superior de Educación Infantil do IES Chapela, a biblioteca volve a achegar o lecer educativo a rapaces e rapazas de idades entre os 3 e os 8 anos.
Do mesmo xeito que xa levaramos a cabo no pasado ano, realizando con este ciclo un programa de actividades de dinamización na biblioteca, desta volta deixaremos que de novo tan colaboradores alumnos se acheguen para ofrecernos unha serie de xogos, contacontos, actividades participativas e de contido didáctico coas que dar a coñecer aos cativos moitos dos segredos da cultura e as tradicións de Galicia.
LEMBRADE QUE É PRECISO INSCRIBIRSE PREVIAMENTE!
As actividades desenvolveranse en tres xornadas, todas elas en horario de 18:30 a 20:00 h.:
- Venres 26 de Abril
- Venres 3 de Maio
- Mércores 8 de Maio
E o título das mesmas, non podería estar mellor escollido! Alo menos, esto é o que opina o noso querido Leolo, que se convertirá en protagonista, durante uns días, dos xogos e da aprendizaxe dos rapaces en Chapela.
Va que sí?
No hay comentarios:
Publicar un comentario