Este martes o Club Xuvenil de Lectura de chapela vai a ir un paso máis aló da lectura, e atreverase a explorar a súa creatividade.
Con
Luis Vallecillo, músico, compositor e titiriteiro, fundador da compañía A Xanela do Maxín, crearemos unha narración, conto, poema ou canción
utilizando técnicas literarias moi variadas. Co fin de que non se
perda ningunha das nosas ideas axudarémonos dun proxector, de tal
maneira que quede reflexada nunha pantalla en todo momento todo
aquello que está a emerxer das nosas cabezas.
Traballaremos
de xeito cooperativo para chegar a unha nova creación literaria, ou
aos alicerces dela.
Será todo un exercicio de creación espontánea e de exploración da nosa imaxinación. Vivan as tormentas de ideas!
PARA
OS MEMBROS DO CLUB DE LECTURA E OS SEUS CONVIDADOS.
A actividade terá lugar grazas á colaboración da Rede de Bibliotecas de Galicia, a través do programa Ler conta moito.
A actividade terá lugar grazas á colaboración da Rede de Bibliotecas de Galicia, a través do programa Ler conta moito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario