Esta mañá na Biblioteca de Chapela tivemos a ledicia de compartir cos escolares de Educación Infantil do CEIP Alexandre Bóveda unha divertida versión interactiva do conto de Pinocho, acompañada de actividades lúdicas como bailes, construcción de gorros de papel... ou da propoa caracterización de cada un dos asistentes, convertidos de pronto en "Pinochos".
Brenda, Lucía e mais Sara nos amosan o conto |
Escoitando atentamente |
... E todo grazas a que nos acompañaron tres amigas do CS de Educación Infantil do IES Chapela: Brenda, Lucía e mais Sara, que trouxeron este conto e estes xogos para os máis cativos.
O conto era itneractivo, e tamén podiamos xogar con el |
A actividade forma parte do programa "Troula de contos", que os alumnos de Expresión do citado Ciclo Superior están a desenvolver coas Bibliotecas de Redondela.
Construindo cadanseu sombreiro de papel |
Uns simpáticos Pinochos humáns |
No hay comentarios:
Publicar un comentario