viernes, 12 de julio de 2013

Os clubs de lectura de Redondela visitan o Museo do Mar de Vigo

Este mércores os clubs de lectura das bibliotecas de Redondela gozamos dunha xuntanza extraordinaria moi proveitosa, achegándonos ao Museo do Mar de Vigo para percorrer o seu contido nunha visita guiada.
Despóis da visita-taller dos rapaces ao mesmo museo, desta xeira tocounos ao grupo de adultos. Acompañados de Teresa, a nosa simpática guía, percorremos as salas do Museo e profundizamos nos seus diferentes contidos.



- Coñecemos a orixe do museo e como se xestou o seu deseño.
- Os inventos e as mil aventuras coas que o home aprendeu a adentrarse no mar.
- A galería de curiosidades, propia dos naturalistas do século XIX, que nos lembrou a nosa última lectura do club: "La evolución de Calpurnia Tate".
- Tamén as diferentes artes tradicionais de pesca en Galicia, as súas embarcacións e os avances en embarcacións a motor.

 - E por último, sendo o máis esperado, visitamos o acuario, un magnífico conxunto de exemplares mariños das rías de Galicia, que nos deron conta da beleza incomparable que hai nos nosos fondos mariños.

Foi unha experiencia interesante e proveitosa,que gozamos de poder compartir todos xuntos. Na cantina do museo despedimos o noso encontro, agardando poder repetir en próximas ocasións.
Graciñas á nosa guía, Teresa, e mais a todo o persoal do Museo pola súa disposición, e por ofrecernos tan boa experiencia.
Graciñas, tamén, a todos os memobros do club que vos achegáchedes. Verémonos na volta das vacacións!

Ver AQUÍ un comentario sobre a nova no Atlántico Diario.

No hay comentarios: