O Club Xuvenil de Lectura gozou na mañá de onte dunha actividade especial coa que lle puxo colofón a un ano cheo de lecturas compartidas.
O Museo do Mar de Galicia abriu as súas portas para recibir a estes intrépidos lectores, así como a algúns dos seus amigos, e convidalos a coñecer moitas cousas sobre a nosa tradición mariñeira, os nosos peixes e tamén a facer algúns experimentos.
Descubrimos moitas cousas sobre:
- As especies que se pescaban tradicionalmente en Galicia.
- A economía relacionada co mar galego.
- As artes de pesca tradicionais, en comparación co xeito de pescar na actualidade.
- As embarcacións pesqueiras.
- Os traballos relacionados co mundo do mar.
- As conservas e a industria conserveira en Galicia.
- As embarcacións pesqueiras.
... E moitas cousas máis.
Experimentamos como é a caza da balea, así como a pesca tradicional da sardiña nunha gamela.
Tamén visitamos o acuario do museo, e coñecemos aos seus habitantes.
Moitas grazas por asisitir... verémonos á volta das vacacións, con máis libros e máis lecturas.
Graciñas, tamén, a Edu, o noso guía, e mais a todo o Departamento de Didáctica do Museo do Mar, por ofrecernos unha actividade tan amena e interesante.
- Ver a nova no FARO DE VIGO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario