A Biblioteca de Chapela presenta Dende o punto ao infinito, onde o contador Manuel Solla, que xa nos visitou o pasado mes de Xuño, xogará cos rapaces a espertar a imaxinación e a achegarse á creación dun xeito doado e ameno.
Partindo do punto (.) chegaremos á creación de persoaxes, historias, contos, dramatizacións, etc., mentres pasamos pola música, a expresión corporal, a expresión plástica, o traballo en equipo, a diversión, ata chegar, ¿quen sabe?, tal vez, ata o Infinito.
O obradoiro está destinado a rapazada dende os 6 e ata os 14 anos. É gratuito, pero se precisa inscrición previa.
Para anotarse, contactar coa Biblioteca de Chapela.
A actividade realízase co apoio do programa Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario