Este venres gozamos na Biblioteca de Chapela dunha contada moi especial. Raquel Queizás, contadora de gran traxectoria e amiga nosa nas redes sociais se achegou ata as nosas bibliotecas para achegarnos historias vidas dende moitos lugares do mundo.
Da súa "maletra" chea de letras, Raquel Queizás extraeu historias cheas de maxia.
Contos fermosísimos como: "A princesa ratiña", "O Papón" e mais "Que bicho tan raro" fixéronnos pasar unha excelente tarde a todos os presentes, tanto a os cativos como aos adultos.
E porque ademáis de historias divertidas e moi ben contadas, son historias con mensaxe moi interesante, sobre o coñecemento persoal, a autoaceptación, a bondade e a xenerosidade...
Interacción con rapaces e adultos, que se converteron en improvisados actores, mímica, títeres de luva ou culleres de pau... deron vida a unhas historias xeniais, que nos quedarán na lembranza a todos.
Os contos traidos por Raquel Queizás para esta sesión están á vosa disposición na biblioteca, aínda que hoxe tiveron moito éxito e se prestaron todos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario