A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración co Concello de Redondela, a través da Concellería de Cultura e a Biblioteca Municipal, promove o II Obradoiro Internacional de Tradución Poética ‘Con barqueira e remador’, unha iniciativa pioneira en Galicia que se celebra por segundo ano consecutivo na illa de San Simón, berce simbólico da poesía trobadoresca galego-portuguesa.
Sete recoñecidos poetas pertencentes a outras tantas comunidades lingüísticas –galega, estoniana, turca, húngara, asturiana, inglesa e alxeriana– participarán este ano, do 14 ao 19 de outubro, nesta iniciativa coordinada pola escritora Yolanda Castaño, na que cada poeta traduce a cadansúa lingua e, á vez, é traducido ás demais, tomando como referencia o inglés como idioma vehicular.
Gökçenur Ç (Turquía), Ana T. Szabó (Hungría), Kätlin Kaldmaa (Estonia), Xuan Bello (Asturias), Samira Negrouche (Alxeria), Lawrence Schimel (Estados Unidos) e Isaac Xubín (Galicia), poetas recoñecidos nos seus sistemas literarios e, á vez, solventes tradutores literarios, terán ocasión de compartir, durante unha semana, un enriquecedor traballo mutuo de transvasamento entre linguas.
Biografías breves dos poetas
Tríptico
Tríptico(2)
Biografías breves dos poetas
Tríptico
Tríptico(2)
Programa de actos paralelos, que servirá para poñer en contacto ao público galego con estas figuras literarias internacionais, á vez que os convidados coñecen máis de preto o tecido cultural galego sobre o propio terreo:
- Mércores 16 outubro, 20h: Recital poético multilingüe “ATENDENDO Ó MEU AMIGO”. Casa das Campás, Pontevedra. (En colaboración coa AELG e o Concello de Pontevedra).
- Xoves 17 outubro, 19:30h: Mesa redonda “CERCANDO AS ONDAS. Tradución poética en mans de poetas”. Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, s/n), Vigo. (En colaboración con BITRAGA, GAELT e a Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo).
- Venres 18 outubro, 20h: Recital poético multilingüe “ATENDENDO Ó MEU AMIGO”. Auditorio do Multiusos da Xunqueira (en colaboración co Concello e a Biblioteca Municipal de Redondela).
Todos estes actos -gratuítos e abertos para todo o público interesado- permitirán coñecer de primeira man o labor desenvolvido, tanto como gozar das obras literarias destes sete recoñecidos autores nas súas propias voces, a carón das traducións ao galego das que este ano se ocupa Isaac Xubín
No hay comentarios:
Publicar un comentario