O xoves 24, todos a sintonizar Radio Redondela!!!, para unirnos á homenaxe ás bibliotecas que, dende todos os países, se leva a cabo no Día Internacional das mesmas.
En Redondela, sumámonos a esta celebración cunha emisión radiofónica de breves fragmentos literarios, con referencia ás bibliotecas, lidos polo persoal da biblioteca municipal e polos bibliotecarios e colaboradores das bibliotecas dos centros de secundaria e do colexio Vigo. A Radio Municipal de Redondela emitiraos ao longo do día 24, intercalados na súa programación
No hay comentarios:
Publicar un comentario