Elección do Mellor Libro do Ano 2013
A Biblioteca Municipal de Redondela e a Axencia de Lectura Municipal de Chapela, no seu papel de fomento e dinamización do libro e a lectura, elixen cada ano, a través dos seus socios, o mellor libro do ano en curso.
A elección atende ao criterio de preferencia por parte dos lectores que, por votación, escollerán, respectivamente, un libro infantil e outro de adultos, como mellores libros do ano.
De entre os participantes, faremos un sorteo dun exemplar do libro que teña recibido máis votos, tanto do libro de adultos, entre os adultos, como do libro de rapaces, entre os menores de 14 anos.
Faremos unha selección e mais tamén un sorteo por cada biblioteca.
Os dous requisitos para participar:
- Ser socio da Biblioteca
- Seleccionar un libro publicado neste ano 2013.
As votacións se farán nas furnas que, para a ocasión, situaremos nas dúas bibliotecas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario