viernes, 22 de noviembre de 2013

Mulleres e memoria en Saxamonde

A Asociación de Mulleres Arela de Saxamonde,  remata o traballo de investigación financiado pola Xunta de Galicia a través de Secretaría Xeral de Igualdade e do Fondo Social Europeo con unha exposición fotográfica “MULLERES E MEMORIA EN SAXAMONDE”.


 A exposición recolle imaxes de mulleres dende comezos do S.XX ata os anos 70, mostrando nelas momentos da infancia, xuventude, traballos, festas e os cambios no modo de vestir ao longo dos anos. Unha visión moi completa da vida das mulleres de Saxamonde durante case un século. 
 Este traballo foi posible grazas a colaboración de ducias de mulleres que cederon as fotografías e participaron nas conversas organizadas e coordinadas pola Cooperativa Trespés.

No hay comentarios: