lunes, 4 de noviembre de 2013

O noso agradecemento á campaña Ler Conta Moito

Entre os meses de Abril e Outubro deste ano 2013, as Bibliotecas de Redondela gozamos da realización de actividades con escritores, contadores e animadores culturais que se achegaron ás nosas bibliotecas para facer diferentes actividades de dinamización lectora.

Contacontos, Obradoiros literarios, recitais poéticos, proxeccións cinematográficas... un total de 10 propostas coas que achegamos os contos, o cinema, a poesía ou a creatividade a públicos de diferentes idades e procedencias.

Estas tiveron lugar grazas ao programa Ler conta Moito*, que a Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia dispuxo para a Rede de Bibliotecas de Galicia, co fin de achegar á cidadanía a lectura e a información dun xeito lúdico e atraente, e de reforzar o carácter de lugar de encontro e de espazo aberto das bibliotecas galegas.
*Este programa retoma o espírito e os obxectivos do anterior Letras Vivas, ofrecido tamén pola mesma Secretaría Xeral.
Para estas actividades, á súa vez, a Concellería de Cultura de Redondela puxo tamén o seu gran de area, co fin de que as nosas bibliotecas pudesen ofrecer actividades dinamizadoras a diferentes públicos.
No noso blog vos temos dado conta de todas elas, como podedes ver AQUÍ.

Pero tamén poderedes atopar a referencia a estas actividades no BLOG do programa LER CONTA MOITO. Nel podedes curiosear nas diferentes actividades lúdicas e culturais que se teñen realizado en bibliotecas de toda Galicia. E entre elas, atoparedes ás de Redondela:


En todas as actividades realizadas fixemos enquisas entre o público asistente, de xeito que puderamos coñecer o seu grao de satisfacción. Nos aleda moito dicir que en todas a nota foi moi alta.

Agardamos que haxa futuras ocasións para poder repetir a experiencia con Ler conta moito.

No hay comentarios: