viernes, 27 de diciembre de 2013

Obradoiro de Kamishibai na Biblioteca de Chapela

Este xoves pasámolo en grande cun obradoiro de Nadal que nos resultou a todos moi divertido.



Os nosos amigos, rapaces e rapazas da biblioteca, se achegaron á biblioteca de Chapela para aprender a construir un conto para Kamishibai

Que non sabedes aínda qué significa esta palabra xaponesa? Os nosos amigos xa o saben, e tamén os seus pais. Pero podedes velo nesta interesante páxina pamplonesa con moita información sobre esta arte contaconteira vida do país nipón... Aquí.
Grazas á axuda de Mercedes, socia colaboradora da biblioteca, e mais do noso amigo camarógrafo Roberto, pudemos gozar dunha tarde moi interesante cos rapaces e rapazas, onde todos aprendemos moito.


Os nosos asistentes aprenderon que era un kamishibai, e despois de escoitar o conto que lles contamos "Unha invitación na Noiteboa" protagonizado pola Coca Simona, debuxaron cada unha das ilustracións do mesmo,e participaron na montaxe das láminas cos textos na parte de atrás (Lembrade o truco! O texto e a imaxe nunca se corresponden na mesma folla...).

Temos que salientar o excelente traballo que fixeron de colaboración estes ilustradores, coordinándose moi ben entre eles para lle dar unidade a todo o conto, cousa que quedou reflexada nos satisfactorios resultados.

O conto quedou moi fermoso coas ilustracións e contámolo co noso teatriño de Kamishibai, xa coa presenza dos pais e familiares dos rapaces.

Agora este conto pasa a formar parte dos fondos da nosa biblioteca. Os autores: Xiana, Alba, Rocío, Sira, Lucía R., Javier, Lucía P., Simón, Celia, Antón, Xabi e mais Nerea, fixeron un traballo estupendo, e levaron como agasallo de Nadal uns contos dos Bolechas, e moitos... pero moitos caramelos.

Dada a boa experiencia que tivemos con esta actividade, agardamos ir acrecentando os fondos da biblioteca con máis obras saídas da creatividade dos nosos rapaces. 

Apetécevos que repitamos a experiencia?
Pronto poderedes ver fotos de cada unha das ilustracións.

Por último, deixámosvos dous vídeos:




Graciñas a todos por vir!

No hay comentarios: