jueves, 5 de diciembre de 2013

Visita do alumnado de Atención ás persoas en situación de dependencia

Onte, o alumnado do grupo diurno do Ciclo Medio de Atención ás Persoas en Situación de Dependencia, do IES Chapela, nos fixo unha moi agradable visita á Biblioteca de Chapela.

Este grupo, todo mulleres, se achegou á biblioteca onte pola mañá, onde lles agardabamos para ter unha xornada de formación. Pasamos unha mañá moi interesante falando sobre as bibliotecas públicas e o seu funcionamento, sobre os servizos bibliotecarios que todo cidadán pode e debe demandar ás autoridades municipais, e sobre como atopar o libro ou o documento que nos interesa.

Tamén recomendamos moitos libros: libros que serven para axudar, e libros que serven para que nos sintamos mellor. Asimesmo fixemos moitas recomendacións e suxerencias sobre como profesionais no ramo no que se están a formar estas alumnas poden axudar a achegarse á lectura e ós libros ás persoas con dependencia, e como este achegamento pode ser unha grande axuda no seu benestar.

Fixemos tamén propostas de colaboración coa biblioteca nese eido, e pensamos que poden dar os seus froitos.






As alumnas non se limitaron a escoitar, senon que participaron activamente en xogos de creatividade literaria. Fixeron acrósticos cos seus nomes, xogos de palabras relacionadas cos que construir un microrrelato e, finalmente, todas xuntas, ao xeito dos experimentos máis bizarros dos surrealistas, fixeron todas xuntas un cadáver exquisito.


Cadáver exquisito elaborado onte na biblioteca polo grupo de alumnas que nos visitaron
Pero ademáis a súa visita concluiu dun xeito moi fermoso. Ademáis de agasallarnos cun poema de Rosalía de Castro, as alumnas nos regalaron unha fermosísima axenda adicada con moi fermosas citas (gústannos todas!), e tamén cuns CDs para a biblioteca.

Axenda coa que nos obsequiaron as alumnas desta visita
A esta bibliotecaria encantáronlle todas as citas que escribíchedes nelas. Toda unha lección para a vida!

Grazas, grazas de verdade por visitarnos. Agardámosvos aquí na biblioteca!

No hay comentarios: