lunes, 20 de enero de 2014

Farrapos de Boneca: presentación


A Casa da Cultura de Redondela (praza Figueroa) acolle, o sábado 1 de febreiro, a presentación do poemario "Farrapos de boneca" de Rochi Nóvoa
A hora prevista de inicio é ás 20.00 horas e a entrada é de balde.
 

Que te vas a encontrar na presentación de Farrapos de boneca de Rochi Nóvoa?

"O acto en si consistirá en falar algo sobre o libro ( canto menos mellor...) e logo un recital acompañado de guitarra de Antonio I. Fernández, que cantará un dos
 temas que compuxo el cun poema meu.

O libro é escuro, de poemas íntimos e poesia social; vai acompañado dun cd no que participaron outros músicos como Servando Barreir, Daniel Soldevilla e Nacho Martinez. Son 4 cancións e 8 poemas musicados"


Nota da biblioteca:
Recordámosvos que podedes comprar o libro na presentación e que pola adquisición do mesmo vai de agasallo o audio libro dixital que contén un vídeo onde participa Horacio Villar como músico en Antonio.
O recital en si, dura uns 20 min.

Quen é Rochi Novoa?



"Este é o meu quinto libro e terceira poemaria. Son mestra de profesión e vocación....e terriblemente tímida e a miña timidez faime falar "polos codos". Son moi sinxeliña , humilde, cabezona e esixente.

Olian é o meu blogue e leva o nome dos meus fillos Oliver e Antia, cos que viaxo, pola miña profesión, cada 9 meses pola xeografía galega.

Son dun pequeno pobo, Sobradelo, do concello de Xunqueira de Ambía, aínda que vivo se podo na miña cidade, Ourense.

"Farrapos de boneca" é o libro co que a maioria da xente me coñeceu, polo tanto o primieiro prácticamente para todo o mundo xa que levaba a poesía en silencio e segredo. É unha autoedición e metín todolos meus aforriños nel"



Aquí deixámosvos un fermoso artigo sobre a presentación da obra no Ateneo de Ourense, este pasado mes de decembro ( a este evento corresponden as fotografías).

1 comentario:

rdf dijo...

É un pracer deixarvos este agasallo. Grazas por animar á lectura a novos e maduriños.
Saúdos.