viernes, 28 de febrero de 2014

Electrónica ética: Enxeñería sen fronteiras xerando debate e reflexión na Biblioteca de Chapela

 
Este xoves gozamos na Biblioteca de Chapela dunha amena charla sobre electrónica ética, desenvolvemento de dispositivos electrónicos, produción sostible e consumo responsable.



O coloquio estaba organizado pola ONG Enxeñería sen fronteiras, dentro do seu programa de concienciación sobre o consumo ético da electrónica e que realizaban, neste senso, unha experiencia piloto dentro da nosa biblioteca.



A actividade comezou cunha breve presentación, a cargo de Andrés Suárez, portavoz do grupo nesta ocasión, e continuou cun xogo no que participamos todos os asistentes.



Os organizadores convidáronnos a realizar un xogo de rol no que cada un de nós pudo valorar as dificultades e as esixencias dos diferentes factores que interveñen no consumo e na producción de todos os aparellos e gadgets dos que cada día somos máis dependentes. As empresas, a publicidade, os gobernos, os usuarios e tamén as escolas, as ONG... todos temos un papel activo e somos responsables en que a producción dos aparellos sexa menos agresiva co medio ambiente, menos lesiva cos dereitos laborais dos seus produtores, e menos destrutiva coas comunidades produtoras de materias primas.

Podedes ver aquí este breve vídeo, cortesía de Vigovídeo, do mesmo xeito que as fotografías. Agradecémoslle tamén a súa participación e colaboración na actividade.

No hay comentarios: