Nestes días tamén nos achegamos ao libro Sostiene Pereira nos clubs de lectura de Redondela. Escrita polo italiano Antonio Tabucchi, a novela está ambientada nunha Lisboa sumida na ditadura salazarista.
Aquí podedes ver comentarios e moitas curiosidades que extraemos sobre o libro no blog dos clubs de lectura Chocos y lectores.
Deste libro temos que dicir que recibiu moi boa acollida nos dous clubs, e que xerou unha conversa moi animada en ambas xuntanzas.
Aos que xa gozáchedes da novela, recomendámosvos vivamente que visionedes a versión do cinema, unha coproducción italiana, portuguesa e francesa que foi filmada no ano 1996, da man do director Roberto Faenza, e cunha excelente interpretación do papel protagonista, da man de Marcelo Mastroianni.

No hay comentarios:
Publicar un comentario