viernes, 11 de abril de 2014

Kamishibai "Obradoiro e Carrusel"

Retomando o post anterior temos que dicir que a experiencia de hoxe foi máis que boa, foi SOBERBIA!:  uns espectadores marabillosos, simpáticos e atentos, e unhas profesionais (Esther, Sabela e Elena) cheas de máxia e bo facer na súa narración da historia do rato  Tom e da rata Tomasa.

As láminas de forman parte do conto,  narrado mediante a técnica do kamishibai e realizadas polos mesmos contacontos, son espectaculares e superan a moitas que se encontran á venda.
Esther, Sabela e Elena,  trouxeron tamén  uns encantadores ratiños realizados en cartón para os pequenos (xa lles dixemos que tamén queremos un para a biblioteca) que tamén se foron moi contentos cos libros de regalo da biblioteca.
 Moitas grazas aos nosos amigos da Gardaría Carrusel que nos acompañan ano tras ano, sempre fieis, e por suposto ao grupo de Dinamización Cultural e Actividades de Tempo Libre do Obradoiro Empregaverde.
Tomando un refrixerio antes de empezar o contacontos
Comeza a sesión

TOM E TOMASA
Fermosa fotografía de Esther, Sabela e Elena



Coloreando a rata Tomasa cun estilo cheo de personalidade

Descubrindo aos ratiños

Visitamos a Sala de Adultos da biblioteca
Fai un día estupendo, así que hai que protexerse do sol cun bo sombreiro

No hay comentarios: