viernes, 4 de abril de 2014

Teatro de sombras co CEIP Igrexa na Biblioteca de Chapela

Despois da sesión de teatro de sombras no CEIP Laredo e mais da visita á biblioteca do CEIP Alexandre Bóveda á nosa biblioteca, tiñamos moita gana de recibir tamén aos nosos amigos de Infantil do CEIP Igrexa de Chapela.
 
 
Os cativos foron recibidos polo alumnado do CS de Educación Infantil do IES Chapela para facerlles unha nova sesión de teatro de sombras, que preparamos na sala de adultos da biblioteca.

O mariñeiro Currás
En busca de Matías
El pollito Pío
Ao rematar, dúas alumnas léronlles tamén os contos de O Sacapenas e mais La Ratita Presumida.

Remataron a visita achegándose a unha seleccón de contos que lles preparamos dende a biblioteca, e  se despediron escoitando unha canción tradicional por parte do alumnado do IES Chapela.
Achegarse aos contos gustoulles moito, non hai dúbida, porque moitos dos rapaces se achegaron coas súas familias á biblioteca na mesma tade de onte, para facerse socios e levar libros á casa.

A actividade forma parte dunha liña de colaboración entre as bibliotecas escolares dos centros, as Bibliotecas municipais de Redondela e mais o CS de Educación Infantil do IES Chapela. O espectáculo de teatro de sombras desenvolveuse tamén en dúas sesións (14 de Abril e 21 de Abril) para público familiar na Biblioteca de Chapela durante o pasado mes de Marzo.

No hay comentarios: