Este pasado mércores os nosos compoñentes do club xuvenil de lectura achegáronse a debater sobre o libro Perigo Vexetal, primeira parte da saga de aventuras protagonizadas por Said e Sheila, creada polo escritor nado en Cea, Ramón Caride Ogando.
Said e Sheila son dous rapaces vidos do futuro, valentes, afoutos e cunha grande concienciación sobre o respecto ao medio natural. Nesta primeira aventura, Perigo Vexetal, enfróntanse a unha trama para dominar o mundo, e a un perigoso supercereal biotecnolóxico que ameaza substituir a base tradicional da alimentación humana.
Nesta xuntanza falamos do libro e, a continuación, falamos sobre a fame no mundo e as desigualdades Norte-Sul. Para amosalas dun xeito práctico, puxemos en práctica o Xogo da inxustiza onde os rapaces, en tres equipos, dotados cada un deles con diferente cantidade de "materias primas" (cartulina), e de "ferramentas ou maquinaria" (celo, regra, pegamento, tesoiras) tiñan que ser quen de construir os mesmos produtos finais (cubos de papel). Va que é dificil facelos igual se non temos os mesmos medios?
Velaquí os rapaces co resultado final do xogo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario