O CEP Santa Mariña e a Biblioteca Municipal tomarán parte na
I Quedada Literaria de Vigo e Bisbarra
Nove centros educativos participarán nesta actividade organizada polo Cifp Manuel Antonio e que conta co impulso e colaboración do Concello de Vigo a través das concellerías de educación e normalización lingüística.
O parque de Castrelos acollerá o xoves 15 de maio, de 10:00 a 13:00 h. a preto de 426 alumnos, de distintos niveis, de centros educativos de Vigo, Porriño e Redondela que, a través de lecturas compartidas, cancións, poesias e actuacións diversas, renderán unha homenaxe ao libro e á lectura nestas datas tan sinaladas para as letras galegas.
O acto de clausura será conducido por Uxía Blanco.
No hay comentarios:
Publicar un comentario