jueves, 19 de junio de 2014

Fin de tempada no club de lectura de adultos de Chapela

A xuntanza deste luns deu remate a unha tempada maravillosa no club de lectura de Chapela. 

A novela escollida desta vez foi "El Sur", da autora pacense Adelaida García Morales. Podedes ver aquí os  nosos comentarios no blog do club.

Ademáis dunha boa conversa, gozamos dunha riquísima merenda, obsequio de algunhas das máis xenerosas membros do club, ás que lles damos as grazas.
Como non temos fotos (sentímolo), evocámola con esta maravilla de Manet. Se no club non temos boa cabeza para facer as fotos, polo menos sí podemos dicir que temos bo gusto.
Sobre a lectura elexida, diremos que foi un éxito. A pesar de ser unha novela moi curta (dacabalo entre unha novela curta e un relato), deu para un intensísimo e longo debate. 

A dureza e a tristeza da mesma non foron impedimento para que moitos dos presentes admiraramos o relato nela contido e a beleza da súa escrita. 
En canto á temática, as relacións entre ese pai e mais esa filla, a soidade, as contradiccións entre os personaxes, a dor da protagonista... nos deron para moito.
Se ben é certo que algúns lemos o libro con moita moita atención....
Recomendámosvos, xunto co libro, ver a versión cinematográfica, unha adaptación bastante libre da novela, que dirixiu en 1983 Víctor Erice, e que conta coa produción de Elías Querejeta.

Velaquí un pequeno fragmento do filme:


Moitas grazas a todos os participantes do club de lectura, por ter feito connosco unha tempada tan xenial!


Estamos tamén moi contentos porque tivemos a visita de unha das membros do club de lectura de Redondela, que compartiu esta lectura tamén con nós. Do mesmo xeito, lembramos que nesta ocasión os membros do club de lectura de Chapela que o desexedes, estades convidados a participar na sesión do club de lectura de Redondela, que terá lugar o venres 27 de Xuño.
A finais deste mes, concretamente o 30 de Xuño, verémonos no Meirande, pois as bibliotecas, en colaboración coa Asociación Deportiva e Cultural de Rande, estamos a organizar unha visita especial ao museo para os membros dos nosos clubs de lectura.

No hay comentarios: