Este mércores saudamos as vacacións, que xa se achegan á Biblioteca de Chapela, cunha contada moi froiteira, preparada polo persoal da biblioteca.
A nosa compañeira María José, encargada da Axencia de Lectura, achegounos contos sobre mazás, árbores e maceiras.
A pesar de ser unha contadora novel, a nosa bibliotecaria achegounos a súa narración de contos con moita ilusión, gozando moito da experiencia. Os dous contos que nos achegou foron:
- A maceira que daba calquera cousa menos mazás, de Pinto & Chinto, co que xa traballamos hai uns días xunto aos rapaces do Programa de Conciliación Verán con Simona.
- A voz dos soños, conto tradicional de orixe inglesa.
Durante os contos non faltaron as sorpresas...
Pero tamén o humor e a reflexión, pois estes eran contos para pensar.
O público gozou das historias narradas,
e, por suposto, do colofón da actividade, onde elaboramos todos xuntos unha árbore moi artística.
Ao final do conto, saboreamos unhas riquísimas mazás, para abrir o apetito antes da hora de comer.
Agradecemos a Mercedes e a Roberto, os nosos voluntarios, a súa axuda na actividade e o seu reportaxe fotográfico e de vídeo.
Tamén agradecemos ao alumnado do C.S. de Educación Infantil do IES Chapela, por ternos regalado unha árbore tan maravillosa para facer contos con ela.
Por último, podedes ver aquí vídeo da actividade, na web de Vigovídeo:
Por último, podedes ver aquí vídeo da actividade, na web de Vigovídeo:
No hay comentarios:
Publicar un comentario