Neste mes os membros do club xuvenil de lectura da Biblioteca de Chapela visitaron o Meirande, o centro de interpretación do patrimonio e da Batalla de Rande.
Antes de partir ao museo, reuníronse na Biblioteca de Chapela
Do mesmo xeito que xa os clubs de adultos se achegaran a finais de Xuño a este museo, desta vez foron os rapaces os que tiveron a oportunidade de coñecer os seus fondos e de gozar das súas instalacións.
Os membros do club visitan as salas do museo
Acompañados por Manuel Outerelo, o seu guía nesta ocasión, coñeceron os pormenores da senlleira batalla de Rande, a súa trasdencencia e a riqueza do patrimonio subacuático que poboa a enseada de San Simón na que se encadra. Coñeceron tamén a historia do mergullo e da procura destes tesouros baixo os mares, sempre incorporando tecnoloxía cada vez máis moderna. Por último, Accederon tamén á sala de máquinas, para coñecer o pasado máis recente da enseada e da contorna, ligado ao mundo da industria pesqueira e da conserva.
Dende aquí agradecemos a Manuel, o guía, polas súas explicacións, que foron de moita satisfacción para todos os participantes, e tamén a todo o persoal do museo pola súa atenta axuda. Nenos e adultos acompañantes gozaron dunha visita moi divertida e completa, da que lles quedou gañas de voltar a coñecer aínda máis.
Ao rematar, os membros do club e mais os acompañantes, achegáronse ao parque do Piñeiral do Crego, de Chapela, para gozar dunha ben merecida merenda, e para divertirse cuns trucos de maxia cos que Leo despediu as xuntanzas ata o ano que vén.
Vémonos despóis do verán!
No hay comentarios:
Publicar un comentario