As bibliotecas de Redondela impulsan unha campaña de recollida de alimentos e produtos de primeira necesidade que se destinarán a Cáritas Redondela
Libros solidarios é o lema desta campaña de intercambio de libros por alimentos, na que participan as bibliotecas municipais, a biblioteca do Círculo Cultural Recreativo de Chapela e as bibliotecas dos CEIP de Quintela, Santo Paio de Abaixo, Alexandre Bóveda, Laredo, do CEP Santa Mariña e dos IES Chapela e Mendiño. Todos estos centros son os puntos de intercambio.
A campaña dará comezo o
venres, 24 de outubro, por ser este o Día da Biblioteca, e rematará o
28 de novembro ou ata que se esgoten as existencias. A
iniciativa está aberta a calquera cidadán que quera colaborar
e, nos centros de ensino particularmente ás súas comunidades
escolares, cambiando alimentos non perecedoiros e produtos de hixiene, tanto
persoal como para o fogar, polos libros que encontrarán expostos nos distintos
centros de intercambio. Os visitantes collerán o
libro ou libros do seu interese e deixarán a cambio os produtos nos recipientes
colocados para tal efecto.
Son colaboradores nesta
iniciativa: Biblioteca do CEIP San Salvador de Teis, Fundación Filomena Rivero
Alonso e El Patito Editorial. O noso máis agradecido
recoñecemento a todos eles e dunha forma especial a Marta (que quere
pasar desapercibida) polo marabilloso cartel que realizou con todo o
cariño e detalle. Moitas grazas a todos!
(Na
fotografía, a presentación da campaña coa presencia das bibliotecarias dos
centros participantes e dalgún dos colaboradores)
A campaña foi recollida nestes días no Faro de Vigo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario