lunes, 13 de octubre de 2014

Contacontos para os máis maiores na Biblioteca de Chapela

Despois de festexar un contacontos para os pequenos o venres 24, a Biblioteca de Chapela seguirá contando contos, pero dun xeito ben diferente, o luns 27 de Outubro.
Desta vez será un contacontos para os máis maiores, que gozarán da presencia na biblioteca da experta contadora Fátima Fernández.

Fátima Fernández é ben coñecida nas nosas bibliotecas por facer con nós contacontos, tanto para nenos como para grandes. Hai un tempo xa nos fixo pasar unha tarde moi boa en Chapela, xunto coas nosas maiores do Multiusos de Chapela. 

Desta vez voltará a achegarlles os seus "Contos susurrados" aos maiores da nosa parroquia. Contos baseados na tradición oral, lendas da nosa contorna, ditos populares... para rir, para a nostalxia e para a emoción.

Non volo perdades. Será o Luns 27 de Outubro, ás 18:00 h., na Biblioteca de Chapela. A entrada será libre, ata completar aforamento.

A actividade terá lugar grazas ao programa Ler conta moito, promovido pola Rede de Bibliotecas de Galicia (Xunta de Galicia).


No hay comentarios: