jueves, 26 de marzo de 2015

Co Barón de Münchausen no Club Infantil de Lectura

 
 Na xuntanza da pasada semana, os nosos xóvenes compoñentes do club de lectura falaron sobre un divertido libro de aventuras, invencións e disparates a partes iguais.
 
 A novela na súa versión completa e na versión adaptada para rapaces

Nunha versión adaptada á súa idade, publicada por Vicens-Vives, os rapaces do club se achegaron a un clásico literario, adaptado polo poeta austrohúngaro Gottfried August Bürger. Este, á súa vez, fai unha tradución e adaptación dende o inglés das aventuras deste barón, escritas polo inglés Rudolf Erich Raspe.

Por certo! Que saibades que o tal Barón de Münchausen existiu, e se chamaba Karl Friedrich Hieronymus.

 O noso grupo de rapaces xogou a inventar mentiras. Imaxinación ao poder!

Pero a novela é coñecida sobre todo polo cinema. Versións cinematográficas tanto en imaxe real como en debuxos animados se levaron ás pantallas en diferentes épocas. Destacamos aquí a que fixo o imaxinativo e surrealista Terry Gilliam, no ano 1988.

Velaquí a podedes ver.

No hay comentarios: