Mañá, 2 de Abril, celébrase o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo. Para festexar este día, diversas organizacións veñen adoptando o globo azul como símbolo de solidariedade cos rapaces autistas e as súas familias.
Na Biblioteca de Chapela situamos o noso propio recuncho con globos azuis. Agradecemos ás monitoras dos obradoiros de conciliación do Concello de Redondela pola súa xenerosidade ao agasallarnos con estes fermosos e simbólicos globos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario