As bibliotecas de Redondela queremos festexar o día do libro coas actividades máis interesantes e atractivas para o público familiar.
O mércores 20 de Abril, ás 18:30 h. teremos na Biblioteca de Chapela un contacontos cos nosos amigos de Polo correo do vento.
Con eles homenaxearemos ao poeta Manuel María, protagonista das Letras Galegas deste 2016, cun contacontos-obradoiro chamado "O Poeta do Miño".
Coñeceremos a Manuel María ao tempo que nos divertiremos, debuxaremos e gozaremos dos contos.
A actividade está indicada para rapazada a partir de 3 anos e público familiar e non precisa inscrición previa. A entrada é libre ata completar o aforo da sala.
O contacontos realízase grazas ao apoio do programa Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario