Redondela rendeu onte unha homenaxe, na que as bibliotecas tivemos o orgullo de colaborar, a Xosé Luis Franco Grande, autor do "Diccionario galego-castelán" da Editorial Galaxia publicado no ano 1968.
O acto comezou coas intervencións, no Multiusos da Xunqueira, de diversas personalidades; así, se contou coa presenza do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o presidente da Real Academia Galega Xesús Alonso Montero; a catedrática da Universidade de Vigo, María Camiño Noia; Xosé Leal deputado de Cultura; e o concelleiro de Cultura do concello de Redondela, Xabier Alonso.
Hai que destacar a participación dos alumnos de bacharelato do IES Floriani, que portaban palabras galegas que fixeron visibles durante o descubrimento da placa, xunto aos seus profesores Xemma Fernández, Pilar Dios (bibliotecaria do IES Floriani) e Moncho Soler. José Barros, un dos alumnos, leu unha composición propia sobre o que é un dicionario mentres que Iván Álvarez recitou un poema de X. L. Franco Grande.
Foi especialmente emotiva a intervención de Andrea Pousa e Bruxo Queiman da que podedes ver un anaco nesta ligazón
Fragmento da intervención de María Camiño Noia, aquí
Fragmento da intervención de Valentín García, aquí
Fragmento da intervención de Xabier Alonso, aquí
Accedede aquí a todas as fotografías do evento
No hay comentarios:
Publicar un comentario