Desde as bibliotecas temos o pracer de convidarvos ao acto de homenaxe a Xosé Luis Franco Grande, que se
celebrará no Multiusos da Xunqueira en Redondela (Paseo da Xunqueira) o
día 6 de xuño de 2016 ás 17:00 horas da tarde coa participación do Secretario X. de Política Lingüística, Valentín García Gómez, Xesús Alonso Montero, ensaísta e poeta, e María Camiño Noia, catedrática da UVigo, co posterior descubrimento
dunha placa conmemorativa que recorde a figura deste ilustre escritor,
autor do dicionario da lingua galega publicado en 1968, tan importante e
decisivo para a galeguización de moitas xeracións de galegos e galegas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario