Fieis á cita puntual de cada trimestre, o vindeiro venres 3
de xuño, ás 20:30 horas na Casa da Cultura de Redondela, terá lugar unha nova entrega -a última do curso- desta
segunda xeira de parladoiros dos Amigos das Bibliotecas de Redondela:
O título tan orixinal e suxestivo para a xuntanza se debe en realidade ao libro que será o protagonista da mesma:
Pornotopía: arquitectura y sexualidad en el Playboy durante la Guerra Fría, foi finalista do Premio Anagrama de Ensaio no ano 2010. A súa autora é a filósofa Beatriz Preciado/Paul B. Preciado.
Coordina este coloquio Antom, profesor de filosofía do IES do Sar de Compostela.
Coordina este coloquio Antom, profesor de filosofía do IES do Sar de Compostela.
Para participar nesta actividade recoméndase a lectura de varios fragmentos seleccionados do libro, que se poden solicitar nas bibliotecas municipais, ou a
través do correo da asociación:
Aproveitamos para lembrarvos que os que esteades interesados no libro, podedes solicitalo nas nosas bibliotecas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario