miércoles, 13 de julio de 2016

Animáis da selva.... Especial Xullo na Biblioteca de Chapela

Sección especial de libros de animais da selva, para que teñades un verán salvaxe!

 Como todos os anos, a Biblioteca de Chapela pecha durante todo o mes de Agosto. Como non queremos que quededes sen libros, e preferimos que estes estean en compañía das persoas e non pechados nos andeis da biblioteca, ofrecémosvos, ao longo deste mes de Xullo, o noso préstamo especial estival.

Podedes achegarvos á biblioteca no noso horario matinal de verán*, e levar libros, cómics, películas, música ou xogos, ata un total de 12 libros + 6 documentos multimedia cada persoa*.


Ademáis, este ano temos preparada unha sección especial de verán, indicada para os máis novos, e que é... verdadeiramente salvaxe!!

A nosa sección especial de estío, con libros de animais da selva

Esta proposta estival chámase: libros de animáis da selva, e consta de exemplares que tamén podedes levar en préstamo.
Se vos achegades á sección, podedes facervos cunha máscara animal para colorear e recortar.
Podedes coller a vosa máscara salvaxe
na nosa sección de libros sobre animáis da selva

Ademáis, o vindeiro XOVES 21, ás 12:00 h., faremos un contacontos, protagonizado por estes animáis, xunto cos rapaces que están a gozar do campamento de Verán con Simona no Multiúsos de Chapela

Se vos apetece participar neste contacontos, e non estades no obradoiro de Verán con Simona, podedes tamén participar reservando praza na biblioteca. Para esto tedes que:
 - Mandándonos un correo a: bibliotecachapela@redondela.es
 - Chamando en horario da biblioteca ao 986-401-561.



*De 9 a 14 h.,  de Luns a Venres. 

*O número de documentos que podedes levar prestados ordinariamente na biblioteca é de ata 3 documentos, de entre eles, un máximo de 2 documentos audiovisuais ou multimedia. Con documentos multimedia referímonos tanto a documentos audiovisuais, como a documentos sonoros como a documentos en soporte multimedia.

No hay comentarios: