Os nosos clubs de lectura de Redondela e mais de Chapela están agora de vacacións, logo de dez meses consecutivos de xuntanzas e lecturas compartidas.
Para festexar este final de curso, e para facer unha quenda lúdica e festiva, nada mellor que compartir mesa e mantel todos xuntos, nunha cea que celebramos o pasado venres.
Ademáis do encontro, a risa e a diversión houbo, como non, espazo para os libros e as recomendacións lectoras.
Jerónimo, o noso senigual coordinador, agasallounos a todos con galleta-libros (ou libros-galletas?), moi doces por certo. E ademáis, sorteou entre todos os participantes tres libros:
- "La decepción se pinta", de Carmen Castejón Cabeceira, que viñamos de presentar na biblioteca de Redondela.
- "La luz que no puedes ver", de Anthony Doerr. Premio Pulitzer de Ficción 2015.
- "El libro de los Baltimore", de Joel Dicker, continuación da saga familiar do exitoso personaxe de Marcus Goldman.
Case nada....
Por certo, Leolo e mais Gato, as nosas mascotas das bibliotecas e dos amigos das bibliotecas, tampouco se perderon o encontro.
Dende aquí queremos darlle as grazas a Jerónimo pola súa disposición, o seu bo gusto e a súa xenerosidade.
Tamén lles damos as grazas a todos os que asistiron a tan gorentosa xuntanza.
Ata a vindeira tempada!
- "La decepción se pinta", de Carmen Castejón Cabeceira, que viñamos de presentar na biblioteca de Redondela.
- "La luz que no puedes ver", de Anthony Doerr. Premio Pulitzer de Ficción 2015.
- "El libro de los Baltimore", de Joel Dicker, continuación da saga familiar do exitoso personaxe de Marcus Goldman.
Case nada....
Por certo, Leolo e mais Gato, as nosas mascotas das bibliotecas e dos amigos das bibliotecas, tampouco se perderon o encontro.
Leolo e Gato brindan, ao seu xeito, durante a cea |
Tamén lles damos as grazas a todos os que asistiron a tan gorentosa xuntanza.
Ata a vindeira tempada!
No hay comentarios:
Publicar un comentario