viernes, 1 de julio de 2016

Fin de curso do club infantil de lectura na casa-museo Valle-Inclán

Club infantil de lectura - excursión á Casa-museo Valle-Inclán

O club infantil de lectura da biblioteca de Chapela celebrou onte o seu "fin de curso" desprazándose ata Vilanova de Arousa para coñecer a figura de Valle-Inclán no seu 150 aniversario.



Varias das rapazas do club, acompañadas por Leo Leíño, a coordinadora do mesmo, e as familias, desprazáronse á localidade arousana para visitar a casa natal do escritor e achegarse a moitas das lendas que arrodearon a este literato, que da nome á biblioteca central da nosa localidade.

Club infantil de lectura, excursión á casa-museo Valle-Inclán, en Vilanova 
Ademáis da información sobre o escritor, visitamos as estancias da casa, e o xardín, onde admiramos un magnífico e vetusto magnolio (ten 400 anos!).

Club infantil de lectura, excursión á casa-museo Valle-Inclán, en Vilanova
Ao rematar, merendamos nun cómodo parque, á beira do esteiro, e pudemos gozar nas súas randeeiras.

Club infantil de lectura, excursión á casa-museo Valle-Inclán, en Vilanova 

Rematamos así un curso no que o noso grupo resistiu, pese a ficar bastante pequeno. Pais, nais e coordinadores pensamos que actividades como esta fortalecen os lazos entre os participantes do club, e favorecen o seu vínculo.

A lectura se converte así non só nun momento de ocio, senón nunha estupenda oportunidade para facer amizades e pasalo ben...

Club infantil de lectura, excursión á casa-museo Valle-Inclán, en Vilanova
Agardamos vervos na vindeira tempada!  

Atlántico Diario recolle a nova na súa edición impresa do 8 de xullo:


No hay comentarios: