Esta mañá a rapazada do campamento de verán da piscina municipal achegouse á biblioteca municipal Valle-Inclán para coñecer os seus servizos e funcionamento.
Ademáis de visitar as súas salas, coñeceron as exposicións do ilustrador Anthony Browne que as bibliotecas municipais temos, xunto coa Fundación Filomena Rivero, na planta baixa do Edificio Multiúsos da Xunqueira; así como a de "A casa dos ratos", de Karina Schaapman, que temos no espazo Sitio Distinto: xanela cultural.
Xa na Sala Infantil os rapaces asistiron a unha presentación multimedia sobre as bibliotecas, e xogaron con libros diferentes e ilustrados:
- Narracións e poesía visual realizada a través de imaxes e que teñen descursos moi interesantes, tal e como comprobaron ("Zoom", "Oh", "Ah", "Imaxina animais" e outros).
- Pero tamén con contos máis tradicionais "Amelia quere un can", de Tim Bowley, ou contos macarras (intelixente definición dun dos asistentes) como "Carlota y Miniatura".
Rematamos con tempo para ler e achegarse aos libros.
Moitas grazas por visitarnos, e agardamos vervos pronto para levar moitos libros da biblioteca!
No hay comentarios:
Publicar un comentario