Xesús Constela, acompañado polo seu irmán Xurxo e mais por Fran Alonso, falando da súa literatura |
A proposta dos Amigos das Bibliotecas Municipais, o escritor Xesús Constela achegouse aos lectores da nosa biblioteca para falarnos da súa última novela: "A rotura das paisaxes", publicada por Xerais.
En compañía do seu irmán, o coñecido arqueólogo de Redondela Xurxo Constela, e mais do editor Fran Alonso, Xesús compartiu cos nosos lectores as súas ideas como escritor, algúns aspectos relacionados coa súa obra creativa e, tamén, moitas anécdotas.
Fran Alonso comentando algúns aspectos da edición |
Podedes ver AQUÍ o teaser do libro:
A presentación foi fascinante. Xurxo achegounos a parte máis persoal e emotiva, mentres que Fran Alonso nos deu a súa visión como editor. Xesús gozou de contarnos moitos aspectos relacionados co proceso da escrita, as súa influencias literarias e os seus obxectivos. Escribir, como el nos comenta, é arriscar, e a literatura non avanza por novelas "acomodaticias", senón por aquelas que se saen do establecido e innovan, como sen dúbida é o caso desta obra.
A agradable charla deste venres moveu a nosa curiosidade por achegarnos á novela, que xa está dispoñible nas nosas bibliotecas.
Finalmente, o audiovisual de Mario Iglesias cativou aos asistentes pola súa forza evocadora, resultando todo un agasallo aos nosos sentidos.
Agradecemos aos asistentes terse achegado ao noso centro de Chapela para gozar connosco deste momento, e expresamos aquí o noso recoñecemento a Xesús e Xurxo Constela, a Fran Alonso e mais a Mario Iglesias por lle dar vida á literatura na nosa biblioteca.
Grazas tamén aos Amigos das Bibliotecas de Redondela por propoñer e organizar a actividade e, por suposto a Roberto Solano, por ofrecernos as fotografías da actividade, e tamén pola súa inestimable axuda para sortear os atrancos técnicos nesta actividade.
Finalmente, o audiovisual de Mario Iglesias cativou aos asistentes pola súa forza evocadora, resultando todo un agasallo aos nosos sentidos.
Xesús posa con Leolo e mais Gato, as mascotas da biblioteca, e xunto cos Amigos das Bibliotecas de Redondela e o persoal do centro |
Xesús Constela acompañado por Fran Alonso, Mario Iglesias e mais por Roberto |
Leolo e Gato posan moi contentos con dous libros dedicados para a biblioteca, por Xesús Constela e mais por Fran Alonso |
Grazas tamén aos Amigos das Bibliotecas de Redondela por propoñer e organizar a actividade e, por suposto a Roberto Solano, por ofrecernos as fotografías da actividade, e tamén pola súa inestimable axuda para sortear os atrancos técnicos nesta actividade.
Xesús falou así desta actividade no seu Facebook. Agradecémoslle un xesto tan fermoso con nós.
No hay comentarios:
Publicar un comentario